A Ruta do Viño organiza unha cata que marida viño e poemas de Florencio

Publicidad

Titulada «Cando o viño foi a súa musa» será o 9 de abril ca sumiller Mercedes González e a voz de Diana Rodríguez Ramos

«Ás retortas cepeiras, barroco motivo da verde sinfonía do meu val: Ao viño de Valdeorras, que é o millor do mundo». Así arranca Florencio Delgado Gurriarán o seu primeiro poemario, Bebedeira, publicado en 1934, e no que o mundo do viño ten moita presencia. Por iso, a Ruta do Viño de Valdeorras organiza unha cata titulada Cando o viño foi a súa musa, e na que a sumiller Mercedes González comentará seis viños acompañada de Diana Rodríguez Ramos, quen recitará versos de Florencio.

Publicidad

O evento será no Complexo Hoteleiro Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, o 9 de abril, as 12,00 horas, onde haberá un menú degustación inspirado en Florencio para os que desexen continuar a xornada.

A cata será na súa terraza, dende onde hai unhas fermosas vistas do val de Valdeorras que tanto protagonismo ten nas Cantarenas do poeta de Córgomo.

Publicidad

A cata ten un custe de 10 euros e o menú desgustación, 30. Para participar hai que contactar ca Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras na súa web ou chamando ao teléfono 604 07 87 53.