A Rúa lanza unha web centrada na muller no comercio local

Publicidad

O Concello focaliza así a campaña do Día da Muller dando visibilidade a 12 mulleres en representación de todas as que traballaron no sector comercial, das que catro reciben este sábado unha homenaxe

O Concello lanza unha web específica para focalizar a campaña do Día da Muller centrada nas mulleres no comercio local da Rúa. A iniciativa a deu a coñecer hoxe, o día propio das mulleres, ademais de organizar un acto á porta da Casa Consistorial no que, este ano, estivo marcado pola presencia de escolares.

Na citada páxina web amósase o traballo de 12 mulleres, que rexentan distintos negocios hoxe en activo na Rúa e que representan aos centos de mulleres que teñen realizado esa función no Concello da Rúa no pasado, «no presente e tamén, estamos seguras, no futuro», di a alcaldesa, María González Albert.

Con esta campaña tratáse de complementar a homenaxe que na xornada de mañá domingo se celebrará no Centro Cultural Avenida coa celebración da Iª Gala Corona González na que catro mulleres recibirán ese primeiro galardón polo seu traballo ao longo das últimas décadas.

Publicidad

A web pódese ver pinchando neste enlace: https://www.concellodarua8m.com/