A Praza de Abastos do Barco acolle o sábado un obradoiro de produtos de tempada, cata e concurso de pratos caseiros

Publicidad

É organizado por AEVA baixo o título «Gastromímate no mercado» e as inscripcións están abertas ata o 9 de decembro

AEVA organiza este sábado, día 10 de decembro —dentro do proxecto Aevaemprégate IV, financiado pola Deputación— a actividade denominada «Gastromímate no mercado», que decorrerá na praza de abastos do Barco. Entre as 10.30 e as 12.00 horas as persoas participantes poderán descubrir unha nova cara do mercado, da man da nutricionista e tecnóloga dos alimentos Ana Isabel Fernández Escuredo, quen afondará no valor do produto de tempada e Km 0 a través dun percorrido explicativo polos postos do recinto no que encher a cesta da compra de forma consciente. A sesión inclúe, ademais da visita, unha cata de viños de Valdeorras e dalgúns alimentos de tempada, a cargo da sumiller Mercedes González Rodríguez.

A actividade pecharase cun concurso gastronómico, aberto a cantas persoas queiran participar, que só teran que levar á praza de abastos algunha preparación elaborada con produtos de tempada da zona: chulas de cabaza, torta de castaña ou calquera outra preparación con alimentos de Valdeorras.

A inscrición para a sesión no mercado e o concurso de cociña amateur, de balde e aberta ata o día 9 de decembro, pode facerse enviando os datos necesarios a AEVA a través do correo electrónico (aeva@empresariosdevaldeorras.com) ou ben a través de páxina web da entidad.
entidade. Na comunicación, as persoas que queiran sumarse deberán indicar o nome completo, un teléfono de contacto e un correo electrónico e, no caso de querer participar no concurso culinario, o prato co que van participar. As prazas están limitadas a 24 participantes.

Publicidad

Dentro das xornadas Gastromímate, unha ponte de sabores, o II Concurso de Maridanza arrancou o pasado luns, día 5, en oito establecementos hostalería, e está en marcha ata o domingo. A cidadanía xa pode catar as propostas dos locais, cunha ración e un viño da
DO Valdeorras, e votalas ata o sábado, día 10. A entrega de premios terá lugar o 11 de decembro, ás 12.30 horas, nun acto que estará precedido dun percorrido polo Malecón coa participación da regueifeira Lupe Blanco Vázquez, quen sacará o mellor das súas dotes interpretativas e de improvisación oral nun roteiro aberto a quen queira sumarse á comitiva.