31.9 C
O Barco de Valdeorras
miércoles, septiembre 2, 2026
Publicidad

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico contará con música, concursos, obradoiros e catas

Publicidad

Será o 5 e 6 de setembro na Praia Fluvial do Barco e participará unha veintena de produtores e artesáns

O Concello do Barco presentou a VI edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, Galicia e Norte de Portugal, que este ano contará cun total de 20 produtores ou artesáns participantes, que ofertarán produtos gastronómicos de calidade, garantía de orixe, e elaborados no rural. 

O evento desenvolverase na Praia Fluvial do Malecón, os días 5 e 6 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e contará con actividades complementarias. 

O sábado será o día no que teña lugar a II edición do «Concurso Debuxa O Sil», no que os participantes deberán debuxar unha paisaxe na que apareza o Sil ao seu paso polo Barco. Haberá dúas quendas de participación: de 11:30 a 13:30 horas, será a quenda da categoría de menores de 14 anos, e de 17:00 a 20:00 horas, será a quenda da categoría de maiores de 14 anos. Resultará premiado o mellor debuxo de cada categoría. 

Publicidad

A enóloga Cristina Murga dirixirá a actividade «Catas no Sil», que se desenvolverá tanto o sábado como o domingo, ás 12:00 horas. A iniciativa consistirá nunha cata/degustación de produtos da Feira, ao prezo de 5 euros, con prazas limitadas. 

Obradoiros

Dous obradoiros gratuítos e con prazas limitadas, desenvolveranse durante a Feira. O obradoiro de modelado «Barro Libre», terá lugar o sábado ás 17:00 horas, da man de Ceniza de Papel. Outro obradoiro, nesta ocasión de cosmética botánica «Crema facial e corporal», terá lugar o domingo ás 17:00 horas, da man de Piel Natura. 

O sábado tamén haberá tempo para a degustación gastronómica co «Showcooking de Casa Pampín», que se desenvolverá a partir das 19:00 horas. 

A música será protagonista durante todo o evento coas actuacións musicais dos grupos «Os Parrandas» e «Dos en punto», o concerto de «Ariadna Santana» e o DJ «Rapariga», que se encargarán de amenizar as dúas xornadas.  

A Feira contará cunha zona de Foodtrucks, onde os visitantes poderán gozar de múltiples opcións de comida e bebida.