Pode visitarse ata o vindeiro 17 de agosto
O Centro Cultural Avenida acolle a exposición «LUME: A ameaza dos incendios forestais extremos en Europa: O caso de Galiza a través da mirada de Brais Lorenzo», gañador do World Press Photo 2026. Esta exposición, inaugurada no Parlamento Europeo o pasado 30 de xuño, chega hoxe Á Rúa como primeira parada en Galicia como unha homenaxe ás vítimas e a toda a veciñanza que loitou sen medios pola defensa do territorio e da súa vida.

Na mostra, organizada polo BNG, neste caso coa colaboración do Concello da Rúa estivo a eurodeputada Ana Miranda, a deputada Montse Valcárcel, a alcaldesa da Rúa, María González Albert; o deputado provincial Xosé Puga e o propio autor, entre outras personas.
A alcaldesa da Rúa, María G. Albert, deu a benvida aos asistentes, lembrou que no verán de 2025 a comarca de Valdeorras sufríu o que a día de hoxe segue a ser o incendio forestal máis grave e destrutor da historia de Galicia. «O que aquí vivimos hai un ano foi un trauma colectivo do que aínda non nos recuperamos pero hoxe, un ano despois, as consecuencias as estamos a vivir cada día nas captacións de augas, nas riadas, nos montes totalmente desprovistos de vexetación, que eleva as temperaturas», indicou.

Pola súa banda, Ana Miranda, dixo que esta exposición evidencia que os incendios non son só un problema galego senón europeo que vai ser persistente e crónico para o que hai que buscar medidas de restauración e prevención. Dixo que as fotografías tamén son a testemuña de que a xente tivo que defenderse sen medios.

Brais Lorenzo: «Visibiliza unha problemática que chegou para quedar e que non ten unha solución aparente»
A mirada de Brais Lorenzo sobre o acontecido no verán de 2025 nas terras ourensás e do leste de Lugo reflicte con precisión o ciclo do lume desde a súa orixe até a desolación final. «Visibiliza unha problemática que chegou para quedar», dixo o autor da mostra fotográfica, para engadir que «non ten moita solución aparente. A levo documentando desde hai máis de 15 anos».
«O que antes era un problema medioambiental, agora é unha emerxencia civil. O que vimos o ano pasado foi moi triste, aldeas completamente arrasadas polo lume como San Vicente de Leira (Vilamartín). Tamén e triste vir polas estradas e ver todas esas feridas na paisaxe», expresou Brais Lorenzo.
Indicou que hai que estar preparados porque a pregunta hoxe «non é si vai a chegar o lume, senón cando vai chegar».
Brais Lorezo manifestou que «son un simple testigo que coa miña cámara intento ilustrar o que pasa e, honestamente, o que aiquí se mostra non é todo o que aconteceu, so unha pequena parte».

Valorou a implicación da cidadanía cos lumes, daqueles voluntarios que se botaron ao montes e pobos para apagalos, e dixo que «sinto orguio de ser galego. Sentín emoción cando vin que o pobo galego uniuse cara ao mismo fin: aplacar a emerxencia».

Neste senso, dixo tamén que todos os partidos políticos deberían unirse para afrontar a problemática dos incendios e que as veces se culpa aos políticos de todo cando a cidadanía tamén pode sumar para a prevención de lumes.
A exposición estará aberta no Centro Cultural Avenida desde hoxe, 10 de agosto, en horario de 12:00h a 14:00h e de 18:00 a 20:30h ata o luns 17 de agosto.
