A conselleira de Medio Rural visitou a Bodega Tapada de Rubiá

Publicidad

María José Gómez destacou a excelente calidade dos viños da Denominación de Orixen Valdeorras e reafirmou o compromiso do Goberno galego co sector vitivinícola

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; visitou hoxe as instalacións da Bodega A Tapada, situada no concello ourensán de Rubiá e adscrita á Denominación de Orixe Valdeorras. Alí, puxo en valor a excelente calidade dos viños que se producen nesta DO, poñendo como exemplo esta adega familiar.

Neste sentido, trasladou os seus parabéns a María del Carmen e a Senén Guitián, os irmáns propietarios de Bodegas A Tapada, pola distinción nos Premios Alimentos de España ao mellor branco, o que exemplifica o seu bo facer dentro do sector vitivinícola, especialmente na produción da variedade Godello na zona.

Publicidad

Cómpre resaltar os bos datos obtidos pola Denominación de Orixe Valdeorras na vendima deste ano con máis de 8,2 millóns de quilos de uva recollidos, o que supón a mellor colleita da última década na DO. En xeral, a campaña deste 2024 no conxunto de Galicia foi positiva, na que se recolleron algo máis de 74 millóns de quilos, a segunda mellor colleita desde o 2015 e que só foi superada pola do pasado ano.

Publicidad

Apoio ao sector vitivinícola

Na súa visita á Bodega A Tapada, a conselleira do Medio Rural reafirmou o apoio do Goberno galego a prol do sector vitivinícola de cara ao 2025. Neste sentido, destacou que este mesmo mes aprobouse no Consello da Xunta unha nova convocatoria de axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, dotada con 11,4 millóns de euros. Isto supón, engadiu, un incremento do 75% con respecto a anterior convocatoria.

María José Gómez salientou que estas achegas apoian ao sector vitivinícola para mellorar o rendemento global das empresas e a súa adaptación ás demandas dos mercados, así como para aumentar a súa competitividade.