Novo obradoiro no Barco, Vilamartín e Petín: «Valdeorras embelece II»

Publicidad

Permitirá a formación de 20 alumnos-traballadores durante 12 meses

Hoxe celebrouse a presentación do Obradoiro dual de Emprego Valdeorras Embelece II, que terá un ano de duración. Con este obradoiro se da continuidade ao que se desenvolveu ata o mes de xullo, coma neste caso nos municipios do Barco, Vilamartín e Petín.

A subvención concedida para este proxecto é de 503.987 euros, o que permitirá a formación de 20 alumnos-traballadores durante un período de 12 meses. Dos 20 alumnos que se formarán neste obradoiro, 12 o farán no módulo de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e 8 no de traballos de carpintería e moble. 8 alumnos son residentes no Barco, 7 en Vilamartín e 5 en Petín.

De acordo co proxecto, no municipio do Barco de Valdeorras realizaranse traballos de acondicionamento de zonas axardinadas no
núcleo do Barco, bancos de madeira, valado de parques infantís e cobre contedores.

Publicidad
Publicidad

En Vilamartín de Valdeorras o obradoiro realizará tarefas de acondicionamento das zonas axardinadas na contorna do Bañadoiro, valado de parques infantís, plantación de árbores froiteiras e de sombra, bancos de madeira, cobre contedores e poda en xardíns de diversos núcleos do municipio.

No Concello de Petín o obradoiro empregarase no acondicionamento das zonas axardinadas nas piscinas de Petín, o acondicionamento de zonas axardinadas na praza de Petín, plantación de árbores xunto ao muro do cemiterio de Petín, acondicionamento do parque infantil na Portela, valados de madeira en parque infantil municipal de Petín, peche en praza da Portela, banco de madeira, e poda en xardíns de diversos núcleos do municipio.

Na presentación celebrada este mañá, que supón o inicio das clases do obradoiro, estiveron presentes todos os alumnos traballadores, os profesores e persoal administrativo e os alcaldes dos tres municipios que colaboran neste proxecto, Alfredo García, alcalde do Barco, Enrique Álvarez Barreiro, de Vilamartín, e Raquel Bautista, de Petín.