Publicidad

«San Vicente de Leira exemplifica moi ben o que o bipartidismo estéril trouxo para as comarcas ourensáns: inacción e abandono»

A cabeza de cartel do BNG para estas vindeiras eleccións xerais do 29N por Ourense, Noa Presas, chamou a veciñanza de Valdeorras a ser partícipe do fito histórico e conseguir, por primeira vez, unha deputada nacionalista que verdadeiramente defenda os intereses da comarca. «Fronte ao bipartidismo estéril que abandono durante case 50 anos Valdeorras», Presas presenta o BNG como a forza política que permitiría darlle peso as comarcas ourensáns e rematar coa discriminación histórica que sofre Valdeorras, sobre todo en materia de infraestruturas viarias e ferroviarias.

Durante o encontro coa veciñanza da comarca de Valdeorras, tamén participaron os candidatos da organización nacionalista, Xavier Rocha e María G. Albert, esta última, actual alcaldesa do Concello da Rúa.

«O bipartidismo clásico non lle foi ben a Valdeorras en case 50 anos en que se foron intercambiando os escanos por Ourense e gobernando o Estado. Desmantelaron os servizos ferroviarios e non atenderon as necesidades reais de actuación para a mellora da rede viaria existente, a comezar polo arranxo integral da N-120 e non os parches que se están a realizar» exemplificou Noa Presas.

Publicidad

Para a cabeza de lista do BNG, «é o momento de apostar por unha forza política coma o BNG coas mans libres para defender os intereses da comarca de Valdeorras” fronte ao abandono ao que as forzas estatais a sumiron. Impulsar as infraestruturas ferroviarias e viarias, así como o servizo ferroviario, son das primeiras medidas que o primeiro escano do BNG por Ourense porá enriba da mesa: con máis frecuencias, máis horarios e, por suposto, cunha atención presencial», aseverou.

Valdeorras e o conxunto de Ourense, continuou Noa Presas, precisan ter peso político onde se toman decisións importantes que afectan ao día a día da veciñanza.

«Desta volta non decide o azar nin un despacho en Madrid, decidimos nós co noso voto este 29N. Imos cambiar a historia co primeiro escano do BNG por Ourense», destacou a cabeza de lista do BNG durante o encontro coa veciñanza.