Publicidad

Reunió a 5.000 personas, según la Subdelegación del Gobierno

Multitudinaria manifestación por la sanidad en O Barco, convocada por la Plataforma Sanitaria, que reunió a vecinas y vecinos de Valdeorras y comarcas vecinas como Viana do Bolo y Trives para reivindicar servicios y mejoras tanto en el Hospital como en Atención Primaria. «Gobierne quien gobierne, la sanidad no se vende. O Barco no se cierra». Este fue uno de los lemas coreados durante la gran reivindicación colectiva.

La manifestación discurrió por las calles de O Barco, desde el Hospital hasta Viloira.

Según la subdelegación del Gobierno, fueron 5.000 las personas que asistieron.

Publicidad

Orlando Saavedra y Jesús Vilasánchez dieron lectura al manifiesto, además de una representante de Asilival.

La Plataforma Sanitaria de Valdeorras, Viana do Bolo y Trives a la «hermosa movilización, que llenó las calles de O Barco, cerca de 3.000 personas, en defensa de una sanidad pública y de calidad».

Está no será la última movilización por la sanidad.

Manifiesto al que dio lectura la Plataforma Sanitaria:

Esta manifestación que reivindica o noso dereito a ter unha sanidade pública acorde aos tempos e o territorio , unha sanidade do século XXI no sur da desenvolvida Europa.

A situación do noso distrito sanitario é preocupante, máis de 30.000 persoas vivimos dispersas por un territorio de montañas e vales, con estradas mal conservadas e de trazados sinuosos, cunha orografías agreste e unha climatoloxía dura: de nevadas e xeos no inverno, que en ocasións imposibilitan o desprazamento humano. Somos poucos, pero non valemos menos que os da capital.

Metidos en parte no vello Macizo Central galego e en parte nos vales fluviais do oriente ourensá, o noso territorio de máis de 1400 Km2 é o berce e o cemiterio dunha poboación dispersa, case inexistente nalgúns concellos, envellecida, coas moitas enfermidades propias da idade avanzada, e dos traballos pasados para sacar adiante ás familias nestas terras bravas de louxas e fríos.

Unha poboación que se ve obrigada a sufrir as carencias dun sistema sanitario público que está sendo conducido á desaparición e á privatización.

Agredido por uns xestores do Sergas que baixo directrices políticas antisociais dan golpe tras golpe para acabar cun dos nosos maiores logros sociais: O sistema sanitario público.

Se permitimos que rematen co sistema sanitario público dividirán a sociedade en dous grupos: os que poden pagar para vivir, e os que pagaremos coa vida o non ter loitado máis pola defensa da sanidade pública.

O Hospital do noso distrito, o noso antigo Hospital Comarcal de Valdeorras, sofre un continuo baile de servizos e profesionais que fai inviable unha atención sanitaria digna e coa continuidade asistencial precisa.

A desconsideración dos xestores sanitarios cara a nós é notoria. A falta da máis mínima planificación é palpable: néganse a facer estudos de prevaleza, néganse a saber de que enfermamos, e se o saben agóchano. A desidia e a indiferenza por parte dos directivos da área e distrito marcan o noso padecer.

Na atención hospitalaria vemos como as listas de espera medran e se falsean, como hai reclamacións da cidadanía que se contestan en branco, ou non se contestan e como desaparecen citas dos buzóns.

Tamén vemos como desapareceron prazas e profesionais de enfermaría e medicina: postos de coordinadores e xefes de sección ou servizo que tiñan actividade clínica no nosos hospital foron desprazados, no mellor dos casos ao CHUO.

Vemos como non se fixo caso aos nosos problemas e situacións específicas, como a silicose. Negándose unha e outra vez a modificar a dotación orzada para acadar unha praza de pneumoloxía. Vemos que a Hospitalización a domicilio é unha parodia infradotada comparada coa doutros distritos.

Vemos como se nos oculta información da realizade do HPV. E non se ás preguntas sindicais sobre a súa actividade Vemos que o servizo de medicina interna, antes columna vertebral do hospital, hoxe fica por veces semanas enteiras sen poder atender as consultas externas por falta de profesionais.

Vemos como os tempos de agarda para probas diagnósticas empeoraron na grande maioría de casos en relación ao informe anterior, e que en moitísimos casos non están realizadas cando o precisa o paciente para acudir a unha consulta. Vemos desaparecer dos informes de listas de espera a servizos como dermatoloxía.

Vemos como non se substitúen baixas nin permisos de especialistas Por ver, vemos, si que vemos, vemos como desaparece o noso hospital e non estamos dispostos a consentilo.

Os nosos centros de saúde tamén sofren ataques sistemáticos e algúns perderon recursos humanos nos últimos anos coa desculpa da escasa poboación: O Bolo, A Veiga, e Rubiá perderon cada seu médico sen terse en conta a dispersión e o envellecemento da poboación, as dificultades para acudir a centros sanitarios distantes, as moitas enfermidades crónicas, e a polimedicación.

A algúns centros péchanlles a súa consulta médica en caso de ausencia do seu ou a súa médica de atención primaria, a outros envíanselles médicos ou médicas por media xornada e noutros recortan as dotacións un día sí e outro tamén sen cubrírselles as baixas nin os permisos. Todo isto dá lugar a esperas nunca vistas para sermos atendidos polos nosos médicos e médicas de cabeceira, esperas que agravan as nosas enfermidades e póñenos en perigo.

E relevante tamén a situación da pediatría nos Centros de Saúde, ou que a atención pediátrica se límite a un día á semana nos centros de saúde mais alonxados , ou que nin se contemple a presenza de xeriatras para atender os nosos avós. Cando vemos todo iso empezamos a ver a realidade da primaria do noso distrito: unha atención primaria á que se lle rouba a súa faceta de prevención e educación sanitaria, á que se lle quita esa relación medico paciente tan importante.

Os nosos médicos de cabeceira xa non poden estar á nosa cabeceira, buscan transformalos en negras sombras; mentres eles, os que mandan, tornan aos seus despachos facéndonos mofa Négasenos sistematicamente unha ambulancia de soporte vital avanzado (SVA) encadrada dentro da rede de transporte urxente do 061 pese ás nosas cifras de sinistralidade, a nosa dispersión xeográfico e a nosa distancia da capital, e logo pretenden disimular esta desfeita concedendo ambulancias non asistenciais para concellos afastados como o da Veiga, que de pouco valen máis que para transporte sen posibilidade de atención ao paciente.

Cidadáns e cidadás, explicar nun manifesto a situación da sanidade pública en Valdeorras é imposible, porque o desastre na que a están mergullando require de ducias e ducias de explicacións e datos, mais basta saír á rúa , falar cos pacientes, cos nosos veciños e os profesionais para darse conta de como estamos. Ise é o mellor dato e explicación posible.

Non hai outra alternativa que saír ás rúas e loitar para defender o noso dereito a unha sanidade pública universal e gratuíta, unha sanidade de calidade e próxima Como dixemos vai un ano, isto non é unha queixa illada, non é un resentido ou resentida protestando: isto é unha sociedade maltratada que sae á rúa en masa a esixir os seus dereitos, unha sociedade que entende que o que pasa na sanidade deste distrito non é algo casual senón premeditado e aplicado de forma inmisericorde.

Unha sociedade que ademais sabe e comprende cada vez mellor que o poder está nos seus votos. Cidadáns e cidadás, isto é un aviso, un serio aviso aos xestores da sanidade galega: segundo fagades así deberemos votar. Grazas representantes políticos e sindicais por acompañarnos. Grazas a alcaldes, alcaldesas e corporacións municipais pola vosa axuda e compaña. Grazas aos compañeiros e compañeiras da Plataforma Sanitaria de Verín por estar aquí con nós, compartindo os mesmos padeceres e desgrazas.

E sobre todo, grazas cidadáns e cidadás, compañeiros e compañeiras, xentes dos concellos de: O Barco , A Rúa, Vilamartín, Rubiá, Carballeda, O Bolo, A Veiga, Larouco, Viana; Petín, Trives, Manzaneda e Vilariño. Xente das múltiples asociacións do noso distrito, asociacións que colaboran man a man con persoas individuais porque entre todos conformamos a Plataforma Sanitaria de Valdeorras.