24.1 C
O Barco de Valdeorras
martes, septiembre 8, 2026
Publicidad

A Deputación mobiliza 1,4 millóns de euros en 35 axudas para concellos e entidades da provincia

Publicidad

O Concello do Balo recibe 93.800 euros para unha fosa séptica e o arranxo do núcleo das Ermidas

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa sesión deste luns 35 subvencións por un importe global de 1.399.446,36 euros, recursos destinados fundamentalmente á cooperación cos concellos e á colaboración co tecido social e deportivo da provincia.

Esta nova mobilización de recursos responde ao modelo de cooperación da institución provincial, orientado a atender as necesidades dos municipios, contribuír á mellora dos servizos públicos e apoiar o labor desenvolvido polo tecido asociativo da provincia.

En conxunto, os preto de 1,4 millóns de euros mobilizados nesta sesión tradúcense en actuacións en ámbitos como estradas e camiños, saneamentos, espazos públicos, instalacións deportivas, cultura, servizos de emerxencias, actividade económica, deporte e atención social. A Deputación continúa así desenvolvendo a súa función de cooperación cos concellos e colaboración co tecido asociativo, facendo dos recursos provinciais unha ferramenta para mellorar os servizos e equipamentos públicos e impulsar actuacións concretas no territorio.

Publicidad

Máis de 1,3 millóns de euros para cooperación municipal

O principal bloque da sesión corresponde á cooperación cos concellos, con 31 axudas por un importe conxunto de 1.316.446,36 euros. As subvencións permitirán financiar actuacións relacionadas coa mellora de estradas, camiños, rúas e accesos; saneamentos; humanizacións e acondicionamento de espazos públicos; instalacións deportivas; equipamentos; cultura; actividade económica ou servizos municipais.

Entre as actuacións aprobadas figura o apoio ao Concello do Bolo, que recibe un total de 93.800 euros: 43.800 euros para unha fosa séptica e 50.000 euros para o arranxo de paredes e estradas no núcleo das Ermidas. Tamén se destinan 40.000 euros a Lobios para a mellora de viais municipais; 47.991,87 euros a Boborás para a humanización da contorna da igrexa de San Pedro do Regueiro; 29.900 euros a Cartelle para a reparación de infraestruturas municipais; e 18.000 euros a Castrelo de Miño para a substitución das táboas do pantalán.

A cooperación provincial permitirá ademais destinar 30.999,98 euros a Coles para a humanización do núcleo de Prados de Ribela; 19.000 euros a Entrimo para a humanización do entroncamento das estradas OU-1212 e OU-1211; e 60.000 euros a Quintela de Leirado, repartidos a partes iguais entre a mellora de camiños en Souto e o saneamento en Chedas.

Pola súa banda, Riós recibe 16.961,95 euros para a humanización das rúas Campo da Feira e Marmolín; Sarreaus, 45.000 euros para acondicionar viais urbanos; Taboadela, 37.579,99 euros para o arranxo de estradas; Vilamarín, 32.000 euros para a mellora de camiños; A Mezquita, 28.791,55 euros para pavimentación na Esculqueira; e Muíños, 48.200 euros para o acondicionamento de espazos públicos.

Investimentos en instalacións deportivas

Outro dos ámbitos destacados é a mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos municipais. Neste apartado, a Xunta de Goberno aprobou 171.230,23 euros para Xinzo de Limia destinados ao proxecto dos vestiarios do campo de fútbol da Carreira e 120.000 euros para A Peroxa para substituír o céspede artificial do campo de fútbol do Marco.

A estas actuacións súmanse 30.000 euros para San Amaro destinados á construción dos vestiarios do campo de fútbol de Lamela, en Salamonde; 35.000 euros para Maceda para o mantemento e rehabilitación de espazos lúdico-deportivos; 11.991,12 euros para Lobios para eliminar goteiras e humidades no polideportivo; e 11.999,67 euros para Bande para adquisición de material deportivo. No caso de San Amaro, a Deputación mobiliza nesta sesión un total de 130.000 euros en tres actuacións, xa que aos 30.000 euros para os vestiarios súmanse 60.000 euros para a mellora do firme da estrada de acceso a Anllo Pequeno e A Touza e outros 40.000 euros para mellorar os accesos aos núcleos de Montes e Sandulces.

Actuacións destacadas en Xinzo, A Peroxa e Ribadavia

Entre as maiores achegas aprobadas nesta Xunta de Goberno destaca Xinzo de Limia, con 271.230,23 euros. Ademais dos 171.230,23 euros para os vestiarios do campo de fútbol da Carreira, a Deputación achega 100.000 euros para o segundo cofinanciamento do proxecto de remodelación da Praza de Abastos, correspondente á anualidade de 2026. Pola súa banda, A Peroxa recibe 168.000 euros, dos que 120.000 euros se destinan á substitución do céspede artificial do campo de fútbol do Marco e 48.000 euros a actuacións de alcantarillado en Lentomil e Corneda e regos en vías municipais. En Ribadavia, a cooperación provincial ascende nesta sesión a 120.000 euros, distribuídos entre 50.000 euros para os gastos de funcionamento do Conservatorio, 40.000 euros para o funcionamento do GES durante 2026 e 30.000 euros para a Mostra Internacional de Teatro. Finalmente, Xunqueira de Espadanedo recibe 20.000 euros, dos que 7.000 euros se destinan á nave cultural e 13.000 euros á humanización do Mosteiro.

83.000 euros para entidades deportivas e sociais

O segundo gran bloque de subvencións corresponde á colaboración con entidades, cun total de 83.000 euros distribuídos en catro axudas. No ámbito deportivo, a Deputación destina 25.000 euros á Federación Galega de Tenis para o Internacional de Tenis e actividades de promoción da provincia; 30.000 euros ao Club Voleibol Ourense para os gastos de funcionamento correspondentes á tempada 2025-2026; e 8.000 euros á Fundación Ado Moure Pro Deporte para o Día da Bici correspondente ao ano 2025. No ámbito social, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 20.000 euros á Fundación de Solidariedade Amaranta, destinada a solucións residenciais para mulleres vítimas de trata e violencia de xénero.

A Xunta de Goberno tamén abordou a resolución da convocatoria pública para o reparto do uso dos espazos deportivos do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tempada 2026-2027, así como unha modificación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais de 2026, a petición do Concello de San Xoán de Río en relación con actuacións neste municip