Visitó la Cooperativa de O Barco y también se desplazó hasta el municipio de Carballeda
O presidente da Xunta achegouse ata Valdeorras para asistir á vendima, visitou a Cooperativa Vinos Barco e, posteriormente, o municipio de Carballeda. Alfonso Rueda probou as uvas, vendimou de xeito simbólico e brindou por esta terra. Puxo en valor o sector vitivinícola da comarca e do resto de Galicia como un sector estratéxico clave da Comunidade.

Na visita estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o subdelegado do Goberno, Eladio Santos e alcaldes e alcaldesas de Valdeorras.

O presidente da Xunta loubou o relevo xeneracional na viticultura poñendo como exemplo aos propietarios do viñedo que visitou, representado por neto, pai e abó, como en moitas explotacións galegas —dixo—.

«Esto é algo simbólico unha visita institucional para poñer en valor e chamar a atención dun sector económico fundamental en Galicia», expresou o presidente da Xunta. Lembrou que hai cinco Denominacións de Orixen en Galicia que están «intentando facer as cousas moi ben e tamén atravesan dificultades».

Alfonso Rueda manifestou que «creo que este ano vai ser moi bo, con moita calidade e ademais vai ser moi abondosa en cantidade». Falou do «godello» e dixo que ten moito futuro. «Aquí se coida especialmente sendo a perfecta expresión desa Galicia Calidade en viños que hai que seguir mantendo para seguir triunfando nun mundo cada vez máis competitivo, porque todo o mundo quere producir e vender», engadiu.

Dixo que o sector vitivinícola e o viño é unha marca de identidade galega coas diferentes Denominacións de Orixe e, especialmente en Valdeorras co godello, onde esa marca «é moi recoñecible e fainos sentir moi orgullosos».

O titular do Executivo autonómico puxo a Cooperativa do Barco -fundada a finais dos anos 50- como un «perfecto exemplo» dun sector que soubo adaptarse aos novos tempos sen abandonar os valores fundacionais.
Segundo salientou o presidente, o sector vitivinícola ten un peso insubstituíble como motor económico, na produción agroalimentaria galega e tamén é unha «perfecta expresión desa Galicia Calidade que hai que seguir mantendo para triunfar nun mundo tan competitivo». Na comunidade hai preto de 10.000 viticultores e máis de 440 adegas que elaboran viño con algún selo de identidade.


Alfonso Rueda sinalou que este foi un verán excelente desde o punto de vista turístico e destacou a importancia do enoturismo e chamou a a apostar por seguir poñendo en marcha iniciativas, ben sexan adegas ou outros establecementos, que aproveiten as oportunidades que brinda o rural.








Mellora da carretera de Casoio e Riodolas

Tras esta visita, o presidente desprazouse ata Carballeda de Valdeorras para manter un encontro con veciños e empresarios da Lousa, así como para coñecer o resultado dos traballos que se acometeron na estrada de Casoio a Riodolas e que contaron con financiamento do Fondo de Cooperación Local da Xunta.

Tal e como destacou o titular do Goberno galego, o acondicionamento desta vía foi considerado un proxecto estratéxico xa que dá servizo a 25 explotacións activas de extracción e elaboración de lousa, un sector fundamental para a comarca, a provincia e para toda Galicia. Pero tamén —engaidu— para veciñas e veciños da zona.











A actuación foi financiada ao 50% entre a Administración autonómica e o concello.
