31.9 C
O Barco de Valdeorras
sábado, agosto 22, 2026
Publicidad

«Entre covas» pechou en Petín revalidando o seu éxito

Entre Covas
Publicidad

As R(h)umorosas puxeron «humor, música e memoria en feminino»

«Entre Covas», o festival que fusiona artes escénicas e viño, que organiza a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras coa colaboración de Turismo de Galicia e da Diputación de Ourense, clausurouse en Petín. A seguda edición deste evento revalidou o seu éxito como dinamizador do enoturismo, o verán e a cultura.

As R(h)umorosas (Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro) puxeron «Humor, música e memoria en feminino» nesta cita que contou coa participación de medio cento de personas.

A visita percorreu tres covas do barrio de Santiago de Petín: a de Gelito, a de Xurxo e a de Salva. Despois, chegou o espectáculo, que foi na adega Terriña (Méndez-Rojo).

Publicidad

Seguiu unha degustación de viños e pinchos, con produtos de empresas asociadas á Ruta do Viño, cunha boa velada.

«Entre Covas» tivo tres eventos: en Seadur (Larouco) en xuño; nas Pinguelas (A Rúa) e en Petín, este mes de agosto.

Un festival que terá continuidade.