26.9 C
O Barco de Valdeorras
sábado, agosto 22, 2026
Publicidad

A presentación do libro «As covas de Valdeorras» encheu o Centro Cultural Avenida da Rúa

Publicidad

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles destacou o primeiro traballo de investigación sobre as covas promovido pola Xunta de Galicia e escrito por Carina Rodríguez e Cristina de la Torre

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu á presentación do libro «As covas de Valdeorras. Unha viaxe subterránea pola arquitectura e a cultura do viño», escrito por Carina Rodríguez e Cristina de la Torre. Esta «posta do largo» de primeira publicación que afonda neste patrimonio encheu o Centro Cultural Avenida da Rúa, todo un acontecemento para festexar un gran traballo de investigación.

Esta obra, promovida pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo documentar e divulgar os recursos patrimoniais e enogastronómicos que singularizan o territorio galego.

Durante o acto de presentación, o director de Turismo de Galicia puxo en valor as covas de Valdeorras referindo que son moito máis que espazos vinculados á elaboración e conservación do viño, xa que forman parte da historia, da paisaxe e da memoria colectiva da comarca.

Publicidad

Relatou vivencias personais, como coñeceu as covas e dixo que hai que seguir divulgando este patrimonio que proxecta Valdeorras cara o exterior. Tamén referiu o importante papel das mesmas para o enoturismo, poñendo como exemplo que as festas das covas de Seadur (Larouco) e Vilamartín atraen cada ano miles de visitantes.

Na presentación desta publicación achegouse ás covas desde varias perspectivas, comezando co análise do seu proceso de documentación ata facer mención das características xeolóxicas e arquitectónicas das covas, da súa historia e das súas tradicións.

Ademais, contou coa participación de coveiros e coveiras, encargados de dar voz, coa súa lectura de fragmentos do libro, a relatos sobre estes espazos.

Xosé Merelles destacou o traballo realizado polas autoras, Carina Rodríguez e Cristina de la Torre, así como a implicación das autoras, a súa dedicación e aposta por manter viva esta tradición. Tamén subliñou o papel fundamental dos coveiros e coveiras ao preservar as covas, que son fundamentales para mover o enoturismo.

A cultura do viño convértese así nun elemento de conexión entre patrimonio, territorio e identidade, ámbitos que contribúen a diversificar e enriquecer a oferta turística do destino. «Desde Turismo de Galicia cremos que a nosa comunidade ten unha oportunidade extraordinaria para seguir medrando a partir do que nos fai únicos», afirmou Xosé Merelles.

Lembrou que este libro e o primeiro traballo de investigación sobre as covas, que tamén vai servir para que o mundo das covas sexa máis coñecido no exterior e na propia comarca.

A posta en valor destes recursos prodúcese nun contexto de evolución positiva da actividade turística na provincia de Ourense. Neste 2026, achegáronse máis de 163.000 viaxeiros, un 6,9% máis que no mesmo período do ano pasado. Ademais, o mercado internacional suma xa máis de 30.000 viaxeiros, cun crecemento de case o 20% en comparación ao 2025. Estes datos reforzan a importancia de continuar diversificando a oferta e de impulsar recursos capaces de atraer visitantes ao longo de todo o territorio.

«Tanto para Valdeorras como para o enoturismo vai a haber un antes e un despois con este libro»

Merelles di que o libro naceu na conversa hai dous anos e a espera mereció a pena. «É un libro extraordinario, científico, moi riguroso e tamén un libro divulgativo que servirá para que o mundo das covas sexa máis coñecido fora. As covas fascinan sempre», expresou.

O director de Turismo de Galicia explicou que é un libro da Xunta de Galicia pero vai a estar a disposición de todos os que o queiran comprar dentro da biblioteca da Xunta. «E un orgullo colaborar. Tanto para Valdeorras, como para o enoturismo, vai a haber un antes e despois con este libro».

Merelles lembrou que aínda que non tivo covas nin viñedos, na súa nenez gostaba moito de ir a Larouco, onde vivía a irmá da súa aboa e o seu home, Quique, que non tiñan cova, pero sí un amigo seu. Foi este o seu primeiro contacto coas covas, si ben na súa xuventude era o lugar no que se remataba a festa.

Pola súa banda, Carina Rodríguez e Cristina de La Torre explicaron todos os pormenores do libro que comenza co reconto das covas, con máis de mil, e sigue pola tipoloxía, arquitectura e valor social das mesmas.

O libro saldrá a venta dentro duns meses.