O director de Turismo de Galicia animou á veciñanza a coñecer o primeiro traballo de investigación sobre este patrimonio feito por Carina Rodríguez e Cristina de La Torre
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, convidou —no transcurso da BacoFesta— á veciñanza a acudir a presentación do libro «As covas de Valdeorras», unha viaxe subterránea pola arquitectura e a cultura do viño, que terá lugar no Centro Cultural Avenida da Rúa o xoves 20 de agosto, as 20,30 horas. É o primeiro traballo de investigación deste patrimonio popular, realizado por Carina Rodríguez e Cristina De La Torre.

Xosé Merelles dixo que é un traballo de investigación «increíble, que empezou con 300 covas e acabou con 1.000″. Expresou que «por primeira vez recolle toda esa historia e tradición construtiva e social, ese gran patrimonio da comarca».
O libro supón tamén un paso máis para avanzar na protección e proxección das covas de Valdeorras. Na actualidade, so as de Seadur (Larouco) contan coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC).
Na presentación do libro se darán todos os datos sobre esta investigación que coloca no lugar que merece este patrimonio emblemático de Valdeorras.
