22.4 C
O Barco de Valdeorras
jueves, agosto 6, 2026
Publicidad

Carta de familiares y residentes de la Residencia Nuestra Señora de Fátima de A Rúa: piden climatización en el centro

Residencia Nuestra Señora de Fátima de A Rúa
Publicidad

Fue presentada por un total de 52 personas avalada con sus firmas

Un total de 52 personas, concretamente familiares y residentes de la Residencia Nuestra Señora de Fátima de A Rúa, han remitido una carta al al presidente de la Fundación San Rosendo, que han hecho pública, para solicitar la climatización del centro para hacer frente a las elevadas temperaturas y olas de calor, teniendo en cuenta que que las instalaciones no disponen de aire acondicionado en zonas comunes ni habitaciones. Dice así:

Os residentes e familiares da Residencia Nuestra Señora de Fátima vémonos na obriga de facer este escrito, ante o problema que as elevadas temperaturas, que se veñen rexistrando, causan aos nosos maiores e dependentes.

Somos coñecedores de que os residentes máis dependentes contan con salas refrixeradas para permanecer durante o día. Non así nas tórridas noites que estamos a sufrir: xa que nin en corredores, nin en habitacións hai ningún tipo de climatización.

Publicidad

Tampouco se poden beneficiar de climatización durante as visitas dos familiares, polo que nos vemos na tesitura de visitalos para proporcionarlles a necesaria compañía, ou non visitalos para que podan seguir nas salas de climatización e que as condicións da calor que se rexistran no centro non empeoren as súas doenzas.

A ninguén de nós se nos pasaría pola cabeza ter a estas personas máis desfavorecidas durante o inverno, cando o frío arrecia, sen calefacción.

Do mesmo xeito non podemos ser insensibles ante as altas temperaturas que estamos a alcanzar, con avisos laranxas ou mesmo vermellos, segundo as horas do día.

Cada vez as vagas de calor son máis frecuentes e con consecuencias que afectan seriamente a saúde destas personas, as máis vulnerables.

Polo que lle rogamos se acometan os cambios necesarios para compensar a temperatura exterior, así como as deficiencias arquitectónicas que condionan negativamente o que debería ser un espazo de confortabilidade para os residentes.

Condicións climáticas que inciden negativamente en maiores, traballadores e traballadoras responsables do seu coidado e bienestar, obxectivo prioritario da Fundación.

Somos conscientes de que acometer unha obra que consiga unha climatización total do edificio sería lenta, pero todos sabemos que hai medidas intermedias como a climatización de zonas comúns, que favorecerían a baixada de temperaturas nos dormitorios. En todo caso, está a opción de colocar climatizadores portátiles, que permitirían baixar os grados suficientes nas instalacións como para proporcionar a necesaria confortabilidade para o descanso dos residentes.

Queremos presentar este escrito con apoio das sinaturas de familiares e residentes, aínda que podemos parecer minoría fronte ao número de usuarios totais da residencia, todos sabemos que moitos non contan ou con apoio familiar ou con capacidades cognitivas necesarias para refrendalo co seu nome. Isto fai que nos afiancemos máis pola loita do seu benestar.

Contando de antemán coa súa sensibilidade para solucionar esta deficiencia coa premura que é necesaria, agradecemos con antelación o seu esforzo.