É organizada polo concello e a actividade está limitada a 30 plazas
O Concello do Bolo organiza a actividade «Un eclipse do século XXI versus un na Idade Media» para contemplar a eclipse solar do vindeiro 12 de agosto. A cita terá lugar na torre do Castelo a partir das 19.00 horas. Dende a súa terraza terán unha vista 360º do fenómeno, sen ningún tipo de elemento que obstaculice a visión.
Antes, farase unha visita polo interior do Castelo falando da súa historia e da visión dos eclipses na Idade Media. O acto rematará cuns petiscos e uns viños de Valdeorras.
A actividade ten un número limitado de 30 prazas para poder estar con comodidade na terraza da Torre da Homenaxe do Castelo. O prezo especial desta actividade será de 15€/ persoa e pódese facer a reserva a través do teléfono 606017105. E o pago, no número de conta que se lle facilitará ao facer a reserva. O día do evento terán que presentar o xustificante de pago para poder asistir.
O evento contará ademais coa asistencia técnica dunha experta en fotografía, Rosa Veiga, que explicará e axudará a realizar fotografías neste momento. Os asistentes terán que traer os seus equipos fotográficos preparados para o evento.
A organización porá á disposición do público lentes homologadas para garantir unha visión segura do fenómeno. Os nenos non estarán excluídos do evento, pero dadas as circunstancias e o lugar do evento solo poderán participar persoas a partir de 8 anos de idade.
Os menores deberán ir acompañados dun adulto e cada adulto poderá inscribir un máximo de 1 menor ao seu cargo.
Para acceder a torre, de 20 metros de altura, hai varios tramos de escaleiras, factor que deben ter en conta as personas con movilidade reducida.
Recomendacións de seguridade
Para o correcto desenvolvemento da actividade, o Concello do Bolo lembra a importancia de:
- Utilizar sempre a protección ocular adecuada nas fases parciais.
- Vixiar estritamente aos menores e persoas que precisen apoio.
- Seguir as indicacións do persoal de organización e respectar a edificación na que se realiza







