36.3 C
O Barco de Valdeorras
martes, julio 28, 2026
Publicidad

O Teatro Principal presenta a súa gran aposta cultural para a segunda metade do ano

Publicidad

Drama, comedia, danza e música centran un programa que destaca pola súa calidade

O Teatro Principal da Deputación de Ourense presenta a súa programación para o segundo semestre do ano 2026, composta por propostas de gran calidade escénica que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro cunha ampla variedade de estilos escénicos. O programa inclúe desde drama contemporáneo e clásico ata comedia, producións alternativas e propostas galegas de referencia, que se completarán cunha oferta cultural que inclúe música, danza e audiovisual.

A programación foi presentada esta mañá no Teatro polo vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández; o director da Axencia Galega das Industrial Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil; a vicerreitora do Campus de Ourense – Universidade de Vigo, Montse Cruz; e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

César Fernández destacou a importancia da colaboración entre institucións para garantir un «dereito fundamental da cidadanía» como é o acceso á cultura. Puxo en valor o traballo que realiza o «equipo humano» do Teatro para presentar, unha vez máis, unha programación «de calidade e para todos os públicos» que converten a este centro nunha «institución de referencia cultural en Galicia».

Publicidad

Neste sentido, o vicepresidente segundo da Deputación reafirmou o compromiso da Deputación de seguir apostando pola cultura «como condición básica para a dignidade da vida humana».

Pola súa parte, Jacobo Sutil  agradeceu o traballo que realiza o Teatro Principal «a prol da difusión cultural» e calificou esta programación como unha oferta «diversa en canto a temática e disciplinas».

A vicerreitora do Campus de Ourense dixo que unha universidade pública «non se pode entender sen o desenvolvemento cultural tanto interno como externo» e que abrir a Universidade a estas actividades de teatro debe ser «un dos nosos principais obxectivos».

A directora do Teatro foi a encargada de detallar a programación prevista para os meses de setembro a decembro que inclúe unha variada oferta teatral que inclúe citas consolidadas como son o OUFF, o FITO, Voces Femeninas ou Nadal en Familia. Entre as obras teatrais está a estrea da compañía ourensá Sarabela Teatro con «O sangue das promesas: incendios» ou clásicos galegos como «Memorias dun neno labrego».

Para máis información sobre a programación pódese consultar a páxina web www.teatroprincipalourense.com