35.2 C
O Barco de Valdeorras
martes, julio 7, 2026
Publicidad

Sae a licitación a nova incubadora de transporte neonatal ao Hospital de Valdeorras

Publicidad

As empresas interesadas teñen ata o 22 de xullo para presentar ofertas

O Portal de Contratos Públicos da Xunta publica hoxe a licitación, por importe de 120.032 euros, para a subministración  de dúas incubadoras de transporte neonatal.  Unha delas terá como destino o Hospital Público Comarcal de Valdeorras, pertencente á area sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e substituirá o equipo existente actualmente no centro

Outra irá ao Hospital Novo Montecelo, pertencente á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 

A incubadora de transporte neonatal extrahospitalario é un equipo de soporte vital para trasladar a recentemente nados prematuros ou con patoloxías complexas aos hospitais de referencia. 

Publicidad

Ten a capacidade de proporcionar un entorno seguro e estable para o paciente neonato, illamento térmico e acústico, control da temperatura e humidade e cunha fonte de osíxeno suficiente para cubrir a distancia máxima deseñada. Ademais, debe estar homologado especificamente para o transporte terrestre e aéreo.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 22 de xullo para presentar as súas ofertas.