20.2 C
O Barco de Valdeorras
lunes, junio 15, 2026
Publicidad

O BNG pide ao Concello do Barco que explique á veciñanza «a orixe dos vertidos no río Sil»

río Sil
Publicidad

Urxe que se poña remedio a ista situación

O BNG afirma que hai falta de información e actuación por parte o goberno municipal do concello do Barco ante «os distintos vertidos que se están a producir no río Sil e afluentes».

Afirma que estes días había augas fecais que terminaban no Sil tras baixar polo Cigüeño, «sen que o Concello dese cumprida información, limitándose a indicar que se prohibía o baño».

Ademais, tamén «soubemos que a tubería que parte do aliviadoiro do Malecón verte auga de cor no río, ainda que o tempo sexa seco e caloroso, sen tampoco recibir información por parte do goberno local», lamenta.

Publicidad

O BNG di que hay outro vertido de auga non limpa no Sil á altura das Areas de Viloira.

Por outro lado, «vemos como o Sil trae continuamente escuma e unha aparente capa de graxa que impide ver o fondo do río, «sen que tampouco teñamos máis información», sinala.

O BNG indica que o río Sil é a alma do Barco. «Define completamente a nosa xeografía, a nosa identidade urbana e o noso desenvolvemento. Camiñar á súa beira é un privilexio e mais na época de verán e de calor».

Por iso, «esiximos ao Concello que dea información á veciñanza, aclare a orixe, a importancia e poña remedio a estes varios vertidos», subliña.

«De non ser así —engade o BNG—, solicitaremos un pleno extraordinario para tratar este tema que é para o noso concello (e a comarca) de vital importancia. Necesitamos un río Sil limpo», conclúe.