Astorga: Unha viaxe de aprendizaxe para o alumnado dos IES Lauro Olmo, Cosme López e Carlos Casares

Astorga, IES Lauro Olmo, IES Cosme López, IES Carlos Casares
Publicidad

Alumnas e alumnos coñeceron o pasado romano da antiga Asturica Augusta e estableceron vínculos de traballo con estudantes da zona

O pasado 8 de abril o alumnado de Latín e Cultura Clásica dos Lauro Olmo do Barco, Cosme López da Rúa e IES Carlos Casares de Viana participaron nunha saída conxunta á cidade de Astorga.

O obxectivo da viaxe era doble. O primeiro,  aprender a recoñecer o pasado romano destas terras, que xogou un papel tan importante na configuración das comarcas e do que a antiga Asturica Augusta, actual Astorga, ofrece un destacado exemplo. 

Por outra parte, desde fai tempo existía entre os organizadores o interés por establecer vínculos de traballo en común entre alumnas e alumnos de concellos moi próximos e estreitamente relacionados. 

Publicidad

Os departamentos de latín dos tres centros, organizadores da actividade, valoraron moi positivamente a xornada e non descartan repetir experiencias similares no futuro.

Unha experiencia didáctica moi interesante para o alumnado.