O conselleiro de Emprego e o director de Turismo participaron do Entroido
Vilariño de Conso celebrou o seu desfile de Fulións e a multitudinaria XXXVII Festa do Cabrito que reuniu a centros de veciños e visitantes nunha xornada única e singular do Entroido.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participaron na Festa do Cabrito, que veu precedida polo tradicional desfile de fulións e boteiros que se celebra por vez primeira desde que o Entroido desta localidade ourensá, de Manzaneda e de Viana do Bolo se declarasen Festa de Interese Turístico Nacional.
José González puxo en valor esta celebración tan pegada ao territorio que, segundo dixo, contribúe de xeito decidido a dinamizar o comercio e o tecido socioeconómico da contorna.
