Aurentino Alonso, o novo alcalde do Barco: «Póñome ao servizo dos cidadadáns con humildade, responsabilidade e ilusión»

Publicidad

O pleno no que foi elixido como rexedor contou coa presencia do subdelegado de Goberno, o líder do PSdeG-PSOE en Galicia, representantes municipais da comarca e o partido ademais da súa familia

Aurentino Alonso, ata agora primeiro tenente de alcalde do Concello do Barco, foi elixido esta mañá novo rexedor da localidade, nun pleno extraordinario, cos votos a favor dos nove concelleiros do PsdG-PSOE, os votos en contra dos ediles do BNG e a abstención dos catro concelleiros do PP.

Aurentino Alonso substitúe no cargo a Alfredo García Rodríguez, alcalde durante os últimos 26 anos e que renunciou ao posto hai dúas semanas por motivos persoais.

Na súa toma de posesión, o novo alcalde do Barco quixo dedicar as súas primeiras verbas a lembrar os incendios ocorridos hai poucos días no municipio. “Antes de comezar —dixo— quero determe no que aínda temos gravado na retina e no corazón: os terribles incendios que veñen de arrasar o noso concello, O Barco, toda a comarca de Valdeorras e zonas naturais de valor incalculable moi próximas a nós, como Trevinca, O Caurel, As Médulas, a Serra da Enciña da Lastra e tantos outros lugares do noso país”.

Publicidad

No Barco, lembrou, estiveron ameazados directamente polo lume un total de 21 localidades, que quixo citar na súa totalidade: Alixo, Castro, Cesures, Coedo, Ferradal, Fervenza, Forcadela, Nogaledo, O Castro, O Meiral, Outarelo, Reporicelo, Santa Mariña, Santigoso, Soulecin, Vales, Vilanova, Vilarica, Vilariño, Viloira e Xagoaza. Casi o 65% dos pobos do concello do Barco estuveron rodeados polas lapas e sofriron unha seria ameaza polo incendio de Larouco.

“Ao final —indicou Aurentino Alonso—, dentro da desgracia, houbo moita sorte. Hoxe podería ter sido un día de loito”.

O xa novo alcalde quixo expresar a súa solidariedade con todas as persoas afectadas, “e o meu recoñecemento para quen loitou sen descanso contra as lapas —veciños e veciñas, brigadistas, bombeiros, voluntarios, Protección Civil, GES, Policía, Garda Civil, exército, e a UME”, e mostrou o seu compromiso de loitar arreo para que a reconstrución do perdido sexa unha prioridade.

“Estas feridas tardarán en cicatrizar, pero estou convencido de que, como sempre, erguerémonos xuntos. Porque se algo caracteriza a O Barco, a Valdeorras e aos galegos e ás galegas é a súa fortaleza e a súa capacidade de levantarse ante as adversidades”, destacou.

Aurentino Alonso continuou lembrando a súa chegada ao Barco hai 35 anos: ”Aquí formei a miña familia e naceu a miña filla, barquense de nacemento e de sentimento. Desde entón, este pobo deume todo e hoxe sinto que chegou o momento de devolver tanto agarimo e tanta xenerosidade, con humildade, entrega, gratitude e corazón”.

Chegar a alcaldía “é unha honra inmensa, un privilexio e unha grande responsabilidade”, precisou.

Agradecemento

Tivo un recordo especial para a súa familia, presente entre o público que encheu o salón de plenos, “por estar sempre aí e apoiarme incondicionalmente” e especialmente aos seus pais, “que me inculcaron que hai que traballar arreo e ser honrados”.

Aurentino Alonso con sus padres

E tamén agradeceu o apoio e confianza dos seus compañeiros do grupo de goberno, especialmente ao que foi alcalde nos últimos anos, Alfredo García. “Un alcalde con maiúsculas”, dixo, “e un referente no municipalismo deste país».

«Grazas polo teu apoio e pola confianza que depositaches en min durante estes 15 anos como concelleiro. De ti aprendín que para gobernar un concello, hai que falar moito coa xente, pero sobre todo hai que escoitar moito máis”, manifestou dirixíndose a Alfredo García para continuar que despois de 26 anos, «nos que levaches ao Barco a unha transformación sen precedentes, decidiches apartarte. O Barco está en deuda contigo. Goza dun merecido descanso e moitas grazas polo teu legado”, para logo ter palabras de agradecemento aos traballadores municipais.

Relevo

O relevo que se produce hoxe, dixo Aurentino Alonso, “é natural e democrático”, e o compromiso do grupo de goberno segue a ser o mesmo: traballar con honestidade e honradez, escoitando, atendendo e buscando solucións aos problemas da veciñanza. “As portas da alcaldía estarán abertas para todo o mundo, como o estiveron nos últimos 26 anos, pero todos sabemos que o verdadeiro despacho dun alcalde non está na casa do concello, está na rúa, nos barrios, nas parroquias, ao carón da xente”.

Tamén expresou o seu convencemento de que O Barco seguirá avanzando “se todos remamos na mesma dirección para seguir sendo nunha pequena cidade da que estamos moi orgullosos e continuar recibindo o impulso que se merece”.

Para conseguilo, precisase “a colaboración de tódalas institucións, e quero dicirvos con claridade que non me temblará nin a voz nin o pulso para reivindicar o que lle corresponde ao noso pobo, ante quen sexa e onde sexa; porei sempre por diante ao meu pobo, por riba de calquera outro interese. O Barco, como capital de Valdeorras, ten que seguir sendo o motor desta comarca e como tal o defenderei”, afirmou o novo alcalde.

Colaboración

O alcalde tendeu a man aos concelleiros da oposición, “que tamén representan a unha boa parte da cidadanía do Barco e merecen o mesmo respecto que os compañeiros do grupo de goberno. A miña man tendida e o meu compromiso para que entre todos sigamos contribuíndo a mellorar a vida das nosas veciñas e veciños. Estou seguro de que, desde as nosas diferenzas e discrepancias, seguiremos debatendo e acordando no mesmo ton de cordialidade e respecto que mantivemos nos últimos anos. O diálogo será fundamental para chegar ao maior consenso posible”.

Obxectivos

As liñas mestras do Barco que quere o novo rexedor “están trazadas”, dixo, “para un modelo de Barco sostible, acolledor e amigable: seguiremos impulsando a actividade económica e apoiando o tecido produtivo, seguiremos protexendo o medio ambiente e apostando polo rural, seguiremos impulsando o turismo e apoiando a cultura, seguiremos potenciando os servizos sociais e apoiando ao tecido asociativo, aos clubs deportivos e ás entidades de todo tipo, seguiremos mellorando as infraestruturas urbanas e rurais e seguiremos recuperando o patrimonio natural e arquitectónico, seguiremos promovendo políticas para a infancia e a mocidade e buscando solucións ao problema da vivenda e, por suposto, seguiremos reivindicando mellores comunicacións co resto de Galicia e de España, e unha sanidade de proximidade e de calidade axeitada ás nosas necesidades”.

Aurentino Alonso non quixo rematar sin mirar máis alá das nosas fronteiras. “Hoxe, mentres celebramos a democracia no noso
concello, en lugares como Gaza, Ucraína e en tantas partes do mundo, a xente sofre as consecuencias da guerra. Desde O Barco, terra de emigrantes e de acollida, quero expresar o noso desexo de paz e de solidariedade con Palestina, con Ucraína, e con tódolos territorios e pobos asoballados polas guerras”, indicou.

O xa novo alcalde do Barco terminou a súa intervención falando directamente á veciñanza: “Veciñas e veciños: póñome ao servizo de todas e todos vós. Fágoo con humildade, con responsabilidade e con ilusión. Porque creo no Barco, creo na súa xente e creo no seu futuro”, rematou.

Eladio Santos felicitou a Aurentino Alonso e recoñeceu a labor de Alfredo García

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, asistiu ao pleno extraordinario do Barco de Valdeorras no que se escolleu ao novo alcalde do municipio, Aurentino Alonso.

Santos felicitou ao rexedor en nome do Goberno de España. “Deséxolle grandes éxitos no seu mandato, convencido de que saberá traballar con entrega e compromiso polo benestar dos veciños e veciñas do municipio”, remarcou.

Tamén quixo trasladar unha mensaxe de afecto ao alcalde saínte, Alfredo García. “A súa longa traxectoria de servizo público e a súa dedicación deixan unha pegada no Barco de Valdeorras que merece ser recoñecida”, sostivo.

No pleno tamén estivo José Ramón López Besteiro, líder del PSdeG-PSOE en Galicia, así como representantes del partido a nivel provincial y local, además de representantes de concellos como la alcaldesa de Petín, Raquel Bautista; la teniente de alcalde de Vilamartín, Sherezade Núñez y la concejala socialista de A Rúa Ana Fernández Vizcaya, entre otras muchas personas.