8M en O Barco: ¡Viva la lucha de las mujeres!

Publicidad

La lectura de un manifiesto en la Praza do Concello sirvió para celebrar el Día de la Mujer, sin concentraciones

O Barco no pasó por alto el 8M. Lo hizo con un acto simbólico, sin concentraciones, a la puerta de la Casa Consistorial, en la Praza do Concello. Un grupo reducido de personas participó del Día de la Mujer, visibilizando esta fecha especial, también con alguna pancarta.

Diana Urdangaray, concejala de Medio Ambiente, dio lectura al manifiesto elaborado por los grupos de la Corporación municipal.

Puso el acento en la lucha por la igualdad y la conquista de derechos.

Publicidad

Citó a mujeres valientes como Clara Campoamor, Emilia Pardo Bazán y otras muchas de las que heredamos «un feminismo que tiene que ver con los derechos humanos, la democracia y la ciudadanía».

El manifiesto reconoció la labor de la mujer y el avance logrado en los últimos 40 años.

A su vez, quedó patente la importancia del traslado a la legislación de las reivindicaciones de la mujer. «Entramos en el siglo XXI conscientes de nuestra fuerza, la fuerza feminista, transformadora de la sociedad».

Todavía quedan obstáculos y desafíos por delante. Por ello, se apeló a la unión de las mujeres.

El acto simbólico finalizó con el aplauso general tras el grito: ¡Viva la lucha de las mujeres!.

Entre los asistentes a la lectura del manifiesto estuvieron el alcalde de O Barco, Alfredo García así como concejales de la Corporación. También se aproximaron desde A Rúa la parlamentaria del BNG María Albert y el responsable de esta formación en Valdeorras, Roberto Quiroga.

El manifiesto textual dice así:

Como cada 8 de marzo, o Concello do Barco de Valdeorras súmase á reivindicación do Día Internacional das Mulleres e reitera o seu firme compromiso coa consolidación da igualdade entre mulleres e homes. Igualdade plena e efectiva, esencial para o avance da nosa sociedade e par a a mellora da nosa democracia.

Este 2021, Nacións Unidas elixiu como lema para este día “Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”. E é que hai xa un ano que un feito doloroso e insólito para a nosa xeración alterou e escureceu as nosas vidas. Unha pandemia mundial, unha crise sanitaria que conlevou outra social e económica.

Durante a pandemia as mulleres estiveron en primeira liña, desempeñado un papel extraordinario: como traballadoras no ámbito sanitario, na ciencia e na investigación, desde os servizos esenciais, pero tamén asumindo a responsabilidade dos coidados no ámbito privado.

Non hai dúbida de que esta crise afectou máis ás mulleres. Son máis as que perderon o seu emprego, as autónomas que viron frustradas as súas empresas, as que sufriron un ERTE. Son moitas máis as que traballaron dende casa e ademais axudaron coas clases aos seus fillos e fillas, atendendo tamén aos seus maiores facéndose tamén cargo das tarefas do fogar. As que máis sufriron eses efectos, á conta da súa propia carreira laboral e ata do seu benestar. E por suposto, supuxo unha tortura engadida a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tal como expresa Nacións Unidas, a crise puxo de relevo tanto a importancia fundamental das contribucións das mulleres como as cargas desproporcionadas que soportan. Ademais advirte que por mor da pandemia da Covid-19 xurdiron novos obstáculos, que se suman aos xa existentes de carácter social e sistémico e que frean a participación e o liderado das mulleres. Porque a pesar de que as mulleres constitúen a maioría do persoal de primeira liña, aínda están infrarrepresentadas nos espazos de poder e na toma de decisións.

Desde os partidos políticos con representación no noso Concello defendemos que hai que intervir para paliar esta situación. Desde as nosas respectivas responsabilidades, estamos a traballar para que esta crise non deixe a ninguén atrás e tampouco leve por diante ás mulleres. Desde todos os ámbitos políticos temos ante nós unha gran responsabilidade e oportunidade porque contamos cunha inxección en forma de fondos europeos, que nos dan a posibilidade de investir con audacia para xerar e establecer cambios estruturais. Debemos abordar este novo tempo desde a mirada intrépida do feminismo.

Por iso, hoxe debemos fixar a mirada especialmente sobre aquelas que sofren unha maior precariedade, as mulleres que por posición social e vital necesitan das políticas públicas, dos recursos do estado e das institucións.

Necesitamos políticas dirixidas a pechar as innumerables brechas que nos quedan aínda pendentes como a laboral e salarial, tamén a fenda dixital. Necesitamos actuacións destinadas a impulsar a corresponsabilidade e a corrixir as situacións de desigualdade das mulleres desde o ámbito rural ao investigador e tecnolóxico. Porque ningún deles son compartimentos estancos, e só abordándoos transversalmente poderemos deseñar os mecanismos certeiros para acabar coa desigualdade.

O noso compromiso é traballar desde a Administración Local e esixirlles ás esferas políticas autonómicas e ao Estado para que se sigan despregando políticas dirixidas a loitar contra a pobreza infantil e a de moitas mulleres con fillos e fillas a cargo. Políticas contra a prostitución e trata de mulleres e nenas, contra os ventres de alugueiro, contra todo aquilo que supoña un ataque frontal aos dereitos humanos das mulleres.

A consecución de moitos destes obxectivos pasa por defender a necesidade de promover o fortalecemento da Axenda Europea pola Igualdade, de incrementar os recursos nas políticas de igualdade de xénero e de elevar as esixencias na normativa comunitaria para o avance das mulleres europeas.

Pero non podemos esquecer a loita das mulleres que nalgúns países aínda non alcanzaron nin sequera a igualdade formal cos homes. Ergamos a voz polos dereitos humanos das mulleres e das nenas en todo o mundo. Reclamemos estratexias internacionais que combatan a mutilación xenital feminina, os matrimonios forzados de nenas. E comprometámonos con millóns de mulleres no mundo que teñen aínda coartados os seus dereitos fundamentais.

Hai un longo camiño xa percorrido que non debemos esquecer. Por iso, neste 8 de marzo non podemos deixar de mencionar que este ano 2021 conmemoramos os 90 anos da conquista do voto das mulleres neste país que debemos agradecer á valentía e o lanzo de Clara Campoamor. Unha efeméride agochada durante 40 anos de represión pero que supuxo para a nosa sociedade un cambio sen volta atrás. Co voto feminino completamos a nosa democracia. Coa democracia, as mulleres foron desde o primeiro momento conscientes de que tiñan ante elas unha extraordinaria oportunidade  froito do que traballo doutras mulleres valentes. Valentes como Clara que camiñou cara adiante da man doutras valentes como Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal e doutras mulleres que a precederon e de quen recolleu o seu testemuño. Delas, herdamos un feminismo que ten que ver cos dereitos humanos, coa democracia, coa cidadanía.

Nos últimos 42 anos, fomos quen de facer realidade 2 fitos importantes, un foi o avance de dereitos e outro a construción mesma do Estado de Benestar. Neste contexto, as demandas das mulleres e do movemento feminista, trasladaronse á lexislación e as súas reivindicacións tivéronse en conta nas políticas públicas. As mulleres saíron do século XX e penetraron no século XXI sendo coñecedoras e conscientes da forza do seu influxo.

A forza feminista é forza transformadora da sociedade.

Esta é a forza que dende o concello do Barco vos convidamos a asumir. O pasado do que vimos e o futuro que labraremos polo ben común para todos e todas e pola xustiza social.

Son aínda moitos os obxectivos por alcanzar, os obstáculos por superar e os desafíos que temos por diante. Por iso hoxe, 8 de marzo, reivindicamos  a necesidade de unir forzas e apelar á grande alianza de todas as mulleres e do movemento feminista.