Merelles: «Galicia é un destino de calidade que aposta polo turismo sostible»

Publicidad

O director de Turismo explica que a Comunidade o ten todo, natureza, gastronomía, patrimonio, cultura e o Camiño de Santiago que, «probablemente, sexa o lugar mais maravilloso do mundo, está no momento mais universal da su historia»

Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia, está inmerso nunha axitada axenda este verán, percorrendo cada día o territorio galego, desde a costa ao interior. Esta conexión ca terra galega dalle un coñecemento mais fondo do sector turístico e de Galicia, hoxe consolidada como un destino único, diferenciado e de calidade pero tamén con novos retos por diante para garantir a sostibilidade, un turismo sostible que avanza co desenvolvemento do seu propio Plan estratéxico.

Merelles di que Galicia é natureza (o primeiro motivo polo que os turistas elixen Galicia); gastronomía (a segunda motivación dos visitantes), patrimonio e cultura. E fai unha mención moi especial ao Camiño de Santiago, o activo que proxecta Galicia no exterior. «O Camiño vive o seu momento mais universal de súa historia. Probablemente, sexa o lugar mais maravilloso do mundo», expón.

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior número de distintivos «Q de Calidade Turística», só por detrás de Andalucía. Ademais, o turismo en Galicia supera xa o 10% do PIB, dato que o avala como un verdadeiro motor económico . Todo apunta a que o número de turistas superarán no 2024 o récord histórico do ano pasado, despois de superar os 7 millóns no 2023.

Publicidad

Valdeorras de Cerca: Galicia é un destino de referencia a nivel nacional pero tamén cada vez con mais turismo internacional. V ive un momento histórico, cal é a clave do éxito?

A clave está na propia configuración de Galicia como destino de calidade, froito da labor da Administración en conxunto co sector turístico. É un destino moi atractivo que se configura a través dunha oferta segmentada relacionada coa natureza, a gastronomía e cultura, de tal xeito que a xente que veña a Galicia poda visitala por distintos motivos. Outro factor é o traballo que se leva facendo para a posta en valor do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo, que é o noso mellor escaparate no exterior. Todo iso estanos levando a que teñamos un récord de visitantes desde o ano pasado ata agora. De feito, o turismo medrou un 2 e pico por cento nos seis primeiros meses deste ano 2024 en relación co mesmo período do ano anterior.

V de Cerca: Ainda que o turismo pode medrar e non acadou o seu teito, ¿Galicia corre o risco dunha masificación turística?

Hoxe non hai masificación. Pode haber unha concentración en épocas puntuais e arredor de puntos concretos como pode ser Santiago de Compostela, Fisterra e outras zonas, pero en ningún caso se pode falar de masificación e a ocupación hoteleira así o demostra. Por outra banda, respondendo ao traballo de como está configurado o destino Galicia, a demanda turística está sendo diversificada e desconcentrada. Os visitantes veñen a Galicia espaciados. Os meses de maio e setembro, que tradicionalmente non eran meses de ocupación elevada, son agora moi significativos. Incluso de xaneiro a maio houbo mais ocupación hoteleira. Esa diversificación e desconcentración da oferta axuda a ter unha demanda turística racional, equilibrada.

Xosé Manuel Merelles

V de Cerca: ¿Cal e o traballo para conseguir un turismo sostible e por onde pasa a innovación do sector turístico?

A sostibilidade non só é medioambiental, senón que actividade turística debe ser sostible tamén dende o punto de vista económico e social. Para conseguilo, en Turismo de Galicia temos programas de axudas, como as destinadas a eficiencia enerxética de proxectos e servizos turísticos. Temos aberta unha línea de 10 millóns de euros para que o turismo galego sexa cada vez mais sostible. Tamén temos un Plan de acción de Calidade e Sustentabilidade. En canto aos procesos de innovación, achegamos ferramentas para que o sector turístico esté ao día, para a súa dixitalización e profesionalización.

V de Cerca: O Camiño de Santiago é exemplo de sostibilidade e os peregrinos grandes embaixadores de Galicia, ¿e así?

O Camiño de Santiago é o «produto» mais sostible. Os peregrinos chegan camiñando a Santiago de Compostela, o xeito mais sostible de achegarse a un destino e de practicar unha actividade que, realmente, non é turística pois é unha peregrinaxe. Pero tamén é certo que os peregrinos visitan un territorio. O Camiño está no momento mais universal da súa historia, o Xacobeo é un fenómeno global. Quen ven a Galicia, casi seguro que volve, repite, ben como peregrino ou como turista. E certo que os peregrinos son os mellores prescriptores do noso territorio.

V de Cerca: O Camiño de Inverno xa non é unha ruta descoñecida, e multiplicou o número de peregrinos, ¿é precisa algunha intervención nesta ruta xacobea?

O Camiño de Inverno medra e ten que medrar mais. É unha das rutas mais apetecibles para facer e recomendo a todo o mundo que a faga. É unha vía cada vez mais elexida pola propia desconcentración (os peregrinos se reparten polas 9 rutas que conforman o Camiño de Santiago) e a desestacionalización do Camiño (faise durante distintos meses do ano). Penso que a esta ruta xacobea que discurre por Valdeorras, e as catro provincias galegas, lle faltan algunhas infraestruturas, pero está moi ben desenvolvida. Os peregrinos se adaptan ás circunstancias do Camiño. Entre A Rúa e Quiroga (Lugo), hai un traxecto longo (non é unha etapa per se, porque nesta ruta a xente elixe as etapas) e aí os peregrinos precisaban un punto de apoio. Acabamos de firmar un convenio co Obispado de Lugo que facilitou que en Montefurado haxa agora unha persona que está na Casa Rectoral atendendo e prestando acollida e apoio aos peregrinos.

V de Cerca: ¿Para ti a maxia de Galicia está en…?

A maxia está nos propios galegos e galegas, que apostan polo territorio, os valores que ten Galicia e pola actividade turística; por comprometerse con actividades empresariais relacionadas co turismo. Os galegos e galegas creen moito no seu territorio e nos valores que ten a terra galega como unha fonte de riqueza para poder transmitir as cidadáns de España e do extranxeiro que nos visiten e que e poida ser un xeito de vida. A xente cree en Galicia e cada vez apostan mais por ela, e a ve como un lugar para quedarse e vivir de Galicia e do turismo ou das personas que nos visitan. Esto cada vez se ve mais no territorio. Galicia tamén e moi acolledora, algo que se valora motísimo.

V de Cerca: ¿Qué destino recomendas de Galicia e onde pasarás as túas vacacións de verán?

E moi difícil recomendar un lugar concreto. Recomendo Galicia. Pola miña parte vou facer un tramo do Camiño Primitivo entre A Fonsagrada e Melide, do Camiño Primitivo, que nunca fixen. O Camiño de Santiago, probableme sea o lugar mais maravilloso do mundo.